Edinburgh (en) | |||||
Lema | «Nisi Dominus Frustra» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Alcume | Athens of the North | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Escocia | ||||
Concello | Cidade de Edimburgo | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 488.050 (2016) (1.884,36 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua gaélica escocesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 259 km² | ||||
Bañado por | Water of Leith (pt) , River Almond (en) , Río Forth e Estuario de Forth | ||||
Altitude | 47 m | ||||
Creación | século VII | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Frank Ross (2017–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | EH1-EH13 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0131 | ||||
ISO 3166-2 | GB-EDH | ||||
Código NUTS | UKM25 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | edinburgh.gov.uk | ||||
Edimburgo[1] (en inglés: Edinburgh; en gaélico escocés: Dùn Éideann) é a capital e segunda maior cidade de Escocia.
A cidade atópase na costa leste de Escocia á beira do estuario do Forth e na autoridade local da Cidade de Edimburgo. Edimburgo é capital de Escocia dende 1437 e é a sede do goberno escocés. A cidade foi un dos centros máis importantes da educación e cultura durante a Era de Ilustración, grazas á Universidade de Edimburgo. Os distritos, The Old Town e New Town, os cales forman parte do centro da cidade, foron nomeados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 1995. De acordo co censo do 2001, Edimburgo posúe unha poboación de aproximadamente 448.624 habitantes.
Edimburgo é famosa polo seu Festival, o maior conxunto de eventos en vivo do mundo. Durante o mes de agosto, cando se celebra, a poboación da cidade duplícase. Edimburgo é a segunda cidade máis visitada do Reino Unido despois de Londres con 13 millóns de visitantes ao ano.