![]() (1901) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Édouard Jean Steichen ![]() 27 de marzo de 1879 ![]() Bivange, Luxemburgo (en) ![]() ![]() |
Morte | 25 de marzo de 1973 ![]() Redding, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | doenza ![]() |
Educación | Academia Julian ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Ocupación | fotógrafo, debuxante, director de cinema, comisario de arte, fotógrafo de moda, fotógrafo de guerra, conservador, pintor, historiador da arte ![]() |
Membro de | |
Movemento | Pictorialismo ![]() |
Influencias | |
Representante | Artists Rights Society ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Dana Glover Steichen ![]() |
Fillos | Mary Steichen Martin ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century Den Store Danske Encyklopædi (pt) ![]() Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | edwardsteichen.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Edward Jean Steichen, nado o 27 de marzo de 1879 en Bivange, Luxemburgo e finado o 25 de marzo de 1973 en West Redding, Connecticut, foi un fotógrafo, pintor e comisario de galerías de arte e museos estadounidense.
Steichen foi o fotógrafo que apareceu con máis frecuencia na innovadora revista de Alfred Stieglitz Camera Work, editada dende 1903 ata 1917. Xunto con Stieglitz abriu as Little Galleries of the Photo-Secession, que finalmente sería coñecida como 291 pola súa dirección.
As súas fotos de vestidos para a revista Art et Décoration en 1911 son consideradas como as primeiras fotografías de moda moderna publicadas. Dende 1923 ata 1938 Steichen foi fotógrafo das revistas de Condé Nast Vogue e Vanity Fair, mentres aínda traballaba para axencias publicitarias como J. Walter Thompson. Durante eses anos, Steichen foi considerado o fotógrafo máis recoñecido e mellor pagado do mundo. En 1944 dirixiu o documental de guerra The Fighting Lady, que en 1945 gañou o Oscar ao mellor documental.
Tras a segunda guerra mundial, Steichen foi o director do departamento de fotografía do Museo de Arte Moderna de Nova York ata 1962. Mentres estivo no MoMA, foi comisario e montou a exposición The Family of Man, visitada por nove millóns de persoas.