Eivissa (ca) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Provincia histórica | provincia de Baleares ![]() | ||||
Capital | Eivissa ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 154.210 (2022) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 577 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Punto máis alto | Sa Talaiassa (487 m) ![]() | ||||
![]() |
Eivisa[1][2][3] (en catalán e oficialmente: Eivissa[4], en castelán: Ibiza) é unha illa española situada no mar Mediterráneo e que forma parte da comunidade autónoma das Illas Baleares. É a segunda illa máis poboada do arquipélago tras Mallorca e a terceira en superficie, por detrás de Mallorca e Menorca.
A illa é coñecida a nivel internacional pola beleza das súas calas e praias e a calidade das súas augas. É coñecida tamén pola súa vida nocturna, as súas festas e discotecas, que atraen a numerosos turistas. Parte da súa superficie foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999 pola súa biodiversidade e cultura.