Tipo | xacemento arqueolóxico ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Distrito de Cayo, Belize ![]() | |||
| ||||
El Caracol ou Caracol é o nome dado a un sitio arqueolóxico maia de grandes dimensións, localizado no distrito de Cayo, en Belize. Atópase a uns 40 km ó sur de Xunantunich e San Ignacio Cayo, a unha altitude de 460 m, preto dos montes Maia.[1] O antigo nome maia deste lugar puido ser Oxhuitza.
El Caracol foi ocupada dende 1200 a. C., mais o seu período de maior expansión construtiva corresponde ó período clásico maia,[2] con máis de 40 monumentos datados entre 485 e 889 que rexistran a secuencia dinástica dos seus gobernantes.
A antiga Caracol foi unha das maiores cidades maias, cubrindo uns 168 km²,[3] cunha poboación máxima estimada entre os 120 000 e os 180 000 habitantes.[4] Un dos monumentos rexistra unha vitoria militar sobre o exército de Tikal en 562.
O sitio foi descuberto en 1938. Traballos máis extensos foron levados a cabo pola Universidade da Pensilvania en 1951 e 1953. Dende 1985, decorre un proxecto de escavacións arqueolóxicas e restauración das estruturas antigas de El Caracol, baixo a dirección de arqueólogos da Universidade de Florida Central.