Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 677 (2019) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua catalá lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 300 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Sierra del Carche (en) ![]() ![]() | ||||
El Carche (en valenciano: el Carxe) é unha serra pertencente aos municipios murcianos de Abanilla, Jumilla e Yecla, no sueste de España. Ten catalogación de parque rexional e comprende tres núcleos de poboación na periferia dos núcleos de Raspay, La Alberquilla e El Carche, con 182 habitantes (2005). A súa altitude máxima é de 1.371 metros (Pico da Madama).
Tamén dá nome a unha zona estendida entre os municipios murcianos de Yecla, Jumilla e Abanilla na que se atopan poboacións onde, tras a chegada dunhas decenas de familias da lindeira provincia de Alacant a finais do século XIX e principios do século XX, parte da poboación fala valenciano.[1] Ten 697 habitantes empadroados (INE 2006). Tamén é o nome do núcleo máis grande (en extensión) de devanditas poboacións.