Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1943 (81 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Philadelphia High School for Girls (en) Southwestern Law School (en) |
Actividade | |
Ocupación | activista política, escritora, cantante |
Membro de | |
Instrumento | Voz |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Parella | Raymond Hewitt |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women |
Elaine Brown, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 2 de marzo de 1943, é unha activista política, escritora e cantante afroamericana. Formou parte do Partido Pantera Negra, liderándoo entre 1971 e 1974. É a fundadora da asociación Mothers Advocating Juvenile Justice. A súa última participación política foi como candidata á presidencia polo Green Party, á que renunciou a finais do ano 2007. Actualmente vive en Atlanta.