Elastina
| |
Identificadores | |
Símbolo | ELN |
Entrez | 2006 |
HUGO | 3327 |
OMIM | |
RefSeq | NM_001081752 |
UniProt | Q6ZWJ6 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 7 q11.1-21.1 |
A elastina é unha proteína con funcións estruturais que lle dá elasticidade aos tecidos conectivos, a diferenza do coláxeno que lles proporciona resistencia. Está situada na matriz extracelular. A elastina permite que os tecidos do corpo recuperen a súa forma despois de que se estiren ou contraian; por exemplo, axuda a que a pel volva á súa posición orixinal se é beliscada ou apertada, ou que as arterias se contraian e expandan en cada latexo cardíaco. A elastina é un polímero insoluble formado por tropoelastina soluble.[1] A tropoelastina é unha proteína duns 70 kDa codificada nos humanos polo xene ELN do cromosoma 7.[2] A elastina está presente en todos os vertebrados.[3]
Nos mamíferos (e nos vertebrados en xeral), pódese encontrar predominantemente alí onde o tecido sofre repetidos ciclos de extensión-relaxación. Exemplos típicos son as arterias, ligamentos, pulmóns, pel, vexiga urinaria e cartilaxe elástica. A elastina supón entre o 58 e o 75% do peso das arterias caninas secas e desgraxadas.[4]
Presenta unhas sorprendentes cualidades elásticas, quizais a máis evidente sexa a súa alta resistencia á fatiga. As fibras elásticas das arterias humanas (especialmente do arco aórtico) funcionan toda a vida dunha persoa, soportando miles de millóns de ciclos de extensión-relaxación.