Elisabetta, regina d'Inghilterra Isabel, raíña de Inglaterra | |
---|---|
![]() Isabel I de Inglaterra. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Giovanni Schmidt |
Fontes literarias | Un drama de Carlo Federici |
Estrea | 4 de outubro de 1815 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Personaxes | |
Elisabetta, regina d'Inghilterra (en galego Isabel, raíña de Inglaterra) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto de Giovanni Schmidt. Foi estreada o 4 de outubro de 1815 no Teatro San Carlo de Nápoles. A ópera, que non é fiel á historia, narra o amor de Isabel I de Inglaterra por Robert Dudley, conde de Leicester, a súa suposta reacción cando descobre que este amor non é correspondido, como o sentenza a morte, o seu arrepentimento e a súa decisión de non entregar o seu amor a outro home.