Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Organizador | Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo ![]() |
Localización e Datas | |
Area de operación | Reino Unido ![]() |
Vixencia | 2003 – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | eliteleague.co.uk ![]() |
A Elite Ice Hockey League ou EIHL, é a liga profesional de hóckey sobre xeo do Reino Unido. A competición foi creada en 2003 en substitución da Ice Hockey Superleague, é a máxima categoría do hóckey sobre xeo británico. Inicialmente o seu patrocinador foi Rapid Solicitors. Ao longo da súa historia catro equipos se teñen alzado co campionato da liga, sendo o equipo máis laureado os Coventry Blaze con catro títulos.
Actualmente a liga está formada por dez equipos, con representación das catro Home Nations, sendo a única competición deportiva na que isto ocorre. Dende a tempada 2012-13 a liga dividiuse en dúas conferencias: unha conferencia norte denominada Gardiner Conference (así chamada en honor ao xogador escocés e antigo porteiro na NHL Charlie Gardiner[1]), formada por Braehead Clan (Escocia), Dundee Stars (Escocia), Edinburgh Capitals (Escocia), Fife Flyers (Escocia) e Hull Stingrays (Inglaterra); e unha conferencia sur chamada Erhardt Conference (en honor ao inglés Carl Erhardt, que en 1936 gañou a medalla de ouro olímpica na modalidade[1]), integrada polos Belfast Giants (Irlanda do Norte), Cardiff Devils (Gales), Coventry Blaze (Inglaterra), Nottingham Panthers (Inglaterra) e Sheffield Steelers (Inglaterra).