![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() (1968) ![]() | |
Nome orixinal | (en) Elvis Aaron Presley (en) Elvis Presley ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Elvis Aron Presley ![]() 8 de xaneiro de 1935 ![]() Tupelo (Estados Unidos de América) ![]() |
Morte | 16 de agosto de 1977 ![]() Memphis (Estados Unidos de América) ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | Graceland ![]() |
Residencia | Graceland (1957–1977) ![]() |
Educación | Humes Preparatory Academy Middle School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, militar, oficial, filántropo, actor, cantante, compositor, activista ![]() |
Período de actividade | 1954 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Rock and roll, música pop, rockabilly, Música country, Gospel, Rhythm and blues, Blues, pop rock, country rock e música rock ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América ![]() |
Rango militar | Sarxento ![]() |
Tesitura | Barítono ![]() |
Instrumento | Guitarra, piano, voz e baixo ![]() |
Selo discográfico | Sun Records RCA Victor ![]() |
Deporte | Karate ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Priscilla Presley (1967–1973), divorcio ![]() |
Parella | Ginger Alden (1976–1977) Anita Wood (1957–1962) ![]() |
Fillos | Lisa Marie Presley ( ![]() ![]() |
Pais | Vernon Presley ![]() ![]() |
Irmáns | Jessie Garon Presley ![]() |
Parentes | Brandon Presley, curmán segundo ![]() |
Cronoloxía | |
16 de agosto de 1977 | death of Elvis Presley (en) ![]() |
1958-1960 | recrutamento ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | elvis.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX.
Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa. Acompañado polo guitarrista Scotty Moore e o baixista Bill Black, Presley foi un pioneiro do rockabilly, un estilo de tempo rápido impulsado por un constante ritmo que consiste nunha fusión de música country e rhythm and blues. En 1955, o batería D. J. Fontana uniuse ao grupo para completar a formación clásica do cuarteto de Presley, e RCA Victor adquiriu o seu contrato nun acordo disposto polo coronel Tom Parker, quen sería o seu representante durante máis de dúas décadas. O primeiro disco sinxelo de Presley foi Heartbreak Hotel, lanzado en xaneiro de 1956 e que chegou a ser número un nos Estados Unidos. Cunha serie de aparicións exitosas nas cadeas televisivas e gravacións que chegaron ao máis alto das listas, converteuse na figura líder do novo son popular do rock and roll. As súas enérxicas interpretacións das cancións e o seu estilo sexualmente provocativo no escenario, combinado cunha singularmente potente mestura de influencias da música negra nunha época de loita polos dereitos civís da poboación afroamericana, fixérono enormente popular e controvertido.
En novembro de 1956, estreouse no cine na película Love Me Tender. Alistado no servizo militar en 1958, relanzou a súa carreira dous anos máis tarde con algúns dos seus maiores éxitos comerciais. Porén, fixo poucos concertos en vivo e, guiado por Parker, dedicou gran parte da década de 1960 a facer películas en Hollywood e álbums de bandas sonoras, moitas delas amplamente criticadas. En 1968, logo de sete anos sen concertos en vivo, reapareceu no escenario no aclamado programa especial televisivo Elvis, que o levou a dar un amplo número de concertos en Las Vegas e a unha serie de xiras moi rendibles. En 1973, Presley foi o protagonista do primeiro concerto dun artista solista que foi emitido vía satélite para todo o planeta, Aloha from Hawaii.[1][2][3][4] Anos de abuso de medicamentos receitados comprometeron seriamente a súa saúde, morrendo repentinamente en 1977 na súa mansión de Graceland cando tiña 42 anos.
Presley é un dos máis célebres e influentes músicos do século XX. Logrou o éxito comercial en moitos xéneros, incluíndo pop, country, blues e gospel. É o cantante solista con máis vendas en toda a historia da música gravada.[5][6][7][8] Ganou tres premios Grammy e recibiu outro pola súa carreira artística cando tiña 36 anos, e está en múltiples salóns da fama musical. Cando morreu vendera 200 000 000 de discos e conseguira 129 discos de ouro. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción.