Emblema de Kuwait شعار الكويت | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Emir de Kuwait |
Adoptado | 1962 |
O emblema de Kuwait (árabe: 'شعار الكويت') é un dos símbolos nacionais do país, e foi adoptado en 1962. Consta dun escudo, coas cores da bandeira, sobreimpreso a un falcón dourado (falcón de Quraish) coas ás abertas. O falcón terma dun disco que representa un navío, unha especie de dhow, e ten o nome do país escrito en árabe na parte superior.
O dhow é un símbolo da tradición mariñeira do país, e atópase tamén no escudo de armas de Qatar.