Emirates | ||
---|---|---|
IATA EK | OACI UAE | Indicativo EMIRATES |
Fundación | 1985 | |
Aeroporto principal | Aeroporto Internacional de Dubai | |
Plan de voo frecuente | Emirates Skywards | |
Frota | 205 | |
Destinos | 134 | |
Holding | The Emirates Group | |
Páxina web: http://www.emirates.com/ |
Emirates (árabe: طَيَران الإمارات) é unha aeroliña baseada en Dubai, Emiratos Árabes Unidos. É unha subsidiaria de The Emirates Group, que é propiedade da Investment Corporation of Dubai, organismo pertencente ao goberno. É a aeroliña máis grande de Oriente Medio, operando ao redor dos 3.400 voos semanais dende o seu centro de operacións no Aeroporto Internacional de Dubai, cara 133 cidades de 74 países. Das súas actividades de carga encárgase a división Emirates SkyCargo.