Emirato de Abu Zabi

Modelo:Xeografía políticaEmirato de Abu Zabi
إمارة أبو ظبي (ar) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 23°40′00″N 54°00′00″L / 23.6667, 54
EstadoEmiratos Árabes Unidos Editar o valor en Wikidata
CapitalAbu Zabi Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.908.173 (2016) Editar o valor en Wikidata (39,81 hab./km²)
Xeografía
Superficie73.060 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoMaomé bin Zayed Al Nahyan (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico00971 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2AE-AZ Editar o valor en Wikidata

Sitio webtamm.abudhabi Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452116

O emirato de Abu Zabi[1][2][3][4] (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é o maior dos sete emiratos integrados nos Emiratos Árabes Unidos, ocupa 67 350 km², o que representa o 87% do total dos Emiratos e en xuño de 2011 tiña 2 120 700 habitantes, dos cales, 439 100 (menos do 21%) eran cidadáns emiratís, o 80% eran estranxeiros. A capital do emirato é Abu Zabi.

Os primeiros habitantes coñecidos da zona asentáronse arredor do 3000 a.C. na illa de Umm an-Nar. Os Bani Yas instaláronse en Abu Zabi no 1793. En 1833 separouse de Dubai. En 1958 atopouse o primeiro pozo petroleiro, e dende entón o petróleo é a base da economía do emirato, hoxe o emirato posúe o 5% das reservas de gas natural e o 10% do petróleo. En 1971 integrouse nos Emiratos Árabes Unidos.

Dividido administrativamente en tres rexións: a cidade de Abu Dabi, a rexión oriental con capital en Al Ain e a rexión occidental con capital en Bida Zayed.

O Produto Interno Bruto (PIB) estimado de Abu Zabi, en 2011, ascendía a 806.031 millóns de AED. Minas e canteiras (inclúe petróleo cru e gas natural) representan a maior contribución ao PIB (58´5 por cento en 2011). Industrias relacionadas coa construción son o seguinte contribuínte máis grande (10´1 por cento en 2011). O PIB creceu a 911.600.000.000 AED no 2012, ou máis de 100 mil dólares per cápita.

Nos últimos tempos, o emirato contribuíu de forma continua en torno ao 60 por cento do PIB dos Emiratos Árabes Unidos, mentres que a súa poboación constitúe só o 34 por cento da poboación total EAU segundo o censo de 2005.[5]

A principios da década de 1970, dous importantes acontecementos axudaron ao emirato a dar o gran salto no camiño do desenvolvemento. O primeiro foi o establecemento dos Emiratos Árabes Unidos en decembro de 1971 con Abu Zabi como capital política e administrativa. O segundo foi o forte aumento dos prezos do petróleo a raíz da guerra do outubro de 1973, que acompañou a un cambio na relación entre os países produtores de petróleo e as compañías petroleiras estranxeiras, o que leva a un aumento espectacular nos ingresos do petróleo.

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 107. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  4. Ver entrada de «Emiratos Árabes Unidos». Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato, ed. (2007). Diciopedia do século 21 2. Editorial Galaxia. p. 763. ISBN 9788482893600. Estado de Asia [...] formado polos emiratos de Abu Zabi [...] 
  5. "Abu Dhabi Over a Half Century". Statistics Centre - Abu Dhabi (SCAD). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne