![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Ence Energía y Celulosa, S.A. | |
---|---|
![]() Fábrica de Pontevedra | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1957 |
Localización | Madrid, Pontevedra, Navia, Huelva, Mérida, Cidade Real, Xaén, Lucena |
Industria | Celulosa, Xeración de Enerxía Renovable con Biomasa Agroforestal. |
Beneficio neto | 92 M€ (2017) |
Na rede | |
http://www.ence.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ence Enerxía e Celulosa (BME: ENCE) é unha empresa española dedicada á transformación de madeira procedente de cultivos forestais para uso industrial. A produción de pasta de papel -pasta de celulosa- das súas fábricas de Pontevedra (Galicia) e Navia (Asturias) convértea en líder europeo en fabricación de celulosa de eucalipto. Ademais, é a primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa agroforestal. Xera esta enerxía desde as súas plantas de Huelva, Mérida, Cidade Real, Xaén e Lucena. Ence tamén é o principal xestor forestal privado de España.[1]