Enciclopedia Espasa | |
---|---|
A Enciclopedia Espasa é considerada a maior enciclopedia impresa do mundo, con máis dun millón de artigos. | |
Título orixinal | Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana |
Autor/a | AA.VV. |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | enciclopedia |
Editorial | Espasa-Calpe |
Data de pub. | 1908 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Enciclopedia Espasa ou Enciclopedia Espasa-Calpe (cuxo nome orixinal era Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana) é o título dunha enciclopedia española en lingua castelá de cento quince volumes (en 2008), publicada por primeira vez en 1908 pola editorial Espasa-Calpe.
A Espasa conta con máis dun millón de artigos, sendo considerada a maior enciclopedia impresa do mundo.