Encyclopedia of Triangle Centers

A Encyclopedia of Triangle Centers (ETC) é unha lista en liña de miles de puntos que son centros asociados á xeometría dun triángulo. Este recurso está aloxado na Universidade de Evansville. Partiu dunha lista de 400 centros triangulares publicada no libro Triangle Centers and Central Triangles de 1998 polo profesor Clark Kimberling.[1]

A 6 de febreiro de 2024, a lista identifica uns 61000 centros de triángulos[2] e ten un mantemento cooperativo de un equipo de internacional de peritos en xeometría.[3]

Cada punto da lista identifícase cun número de índice da forma X(n); por exemplo, X (1) é o incentro. [4] A información rexistrada sobre cada punto inclúe as súas coordenadas trilineares e baricéntricas e a súa relación coas liñas que unen outros puntos identificados.

A cada punto da lista asígnaselle un nome único. Nos casos nos que ningún nome particular xorde por consideracións xeométricas ou históricas, utilízase no seu lugar o nome dunha estrela. Por exemplo, o punto 770 da lista chámase punto Acamar.

  1. Triangle Centers and Central Triangles. Congressus numerantium. Utilitas Mathematica Publishing. 1998. 
  2. "Encyclopedia of Triangle Centers". Encyclopedia of Triangle Centers. 
  3. Kimberling, Clark. "Part 31: Centers X(52001) - X(54000)". Encyclopedia of Triangle Centers. Consultado o 6 febreiro 2024. 
  4. "KimberlingCenter". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne