Enema of the State | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de blink-182 | ||||
Publicado | 1 de xuño de 1999 | |||
Gravación | xaneiro - marzo de 1999 | |||
Duración | 35:17 | |||
Xénero(s) | pop punk | |||
Selo(s) | MCA Records | |||
Produtor | Jerry Finn | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Enema of the State é o terceiro álbum da banda estadounidense de pop punk blink-182, publicado o 1 de xuño de 1999 a través do selo MCA Records.. Tras unha longa serie de actuacións en varios clubs e festivais, e varias gravacións independentes ao longo dos 90, Blink-182 déuse a coñecer no Warped Tour e en Australia despois do lanzamento do seu segundo disco, Dude Ranch (1997), e o seu éxito "Dammit". Para gravar o seu terceiro traballo o grupo contratou ao veterano produtor de punk rock Jerry Finn, que traballara anteriormente no álbum de Green Day Dookie (1994). Enema foi o primeiro álbum da banda en contar co batería Travis Barker, que substituíu o membro orixinal Scott Raynor.
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 37 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]