Enterotoxina Staph/Strep, C terminal | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() identificación dun sitio de unión ao cinc na enterotoxina estafilocócica c2: implicacións para o recoñecemento de superantíxenos | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Stap_Strp_tox_C | ||||||||
Pfam | PF02876 | ||||||||
Pfam clan | CL0386 | ||||||||
InterPro | IPR006123 | ||||||||
PROSITE | PDOC00250 | ||||||||
SCOPe | 1se3 / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 364 | ||||||||
OPM protein | 1dyq | ||||||||
|
Unha enterotoxina é unha exotoxina proteica liberada por un microorganismo que afecta os intestinos.[1]
As enterotoxinas son exotoxinas codificadas no cromosoma ou en plásmidos[2] que producen e segregan varios organismos bacterianos. Son termolábiles (>60⁰), de baixo peso molecular e hidrosolubles. As enterotoxinas son con frecuencia citotóxicas e matan as células ao alteraren a permeabilidade da membrana apical das células epiteliais das mucosas das paredes intestinais. Son principalmente toxinas formadoras de poros (maiormente poros de cloruros), segregados por bacterias, que se ensamblan para formar poros na membrana plasmática. Isto causa que a célula morra.