Entreat | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de directo de The Cure | ||||
Edición | 11 de setembro de 1990 | |||
Gravación | xullo de 1989 | |||
Duración | 47:09 | |||
Xénero(s) | rock gótico | |||
Selo(s) | Fiction Records | |||
Producido por | The Cure | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Entreat é un álbum en directo da banda inglesa The Cure, gravado no Wembley Arena de Londres en xullo de 1989 e publicado o 11 de setembro de 1990 a través do selo Fiction Records.[1] Está composto enteiramente por temas do seu álbum Disintegration. Entreat foi distribuído exclusivamente en Francia como unha ferramenta promocional. Porén, cando as gravacións piratas comezaron a aparecer o álbum tivo unha edición limitada en Europa.
Os dous últimos temas foron lanzados en 1989 como caras-b da versión estadounidense de "Lullaby". As cancións "Fascination Street", "Last Dance", "Prayers For Rain" e "Disintegration" tamén están incluídas no sinxelo "Pictures of You".
A re-edición de Disintegration no ano 2010 contaba cunha versión remasterizada e remesturada de Entreat, titulada Entreat Plus xa que conta coas doce cancións do álbum, incluídas as catro que foron excluídas de Entreat.