Entrecruces | |
---|---|
Salto da Férveda. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°08′18″N 8°40′52″O / 43.13831, -8.68115 |
Poboación | 768 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xens de Entrecruces[1] é unha parroquia situada ao sur do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 768 habitantes (371 mulleres e 397 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 968 habitantes.
A parroquia ten sona pola fervenza do salto da Férveda, situada no río Outón, duns 50 metros de altura. Está rodeada de vexetación, e preto das ruínas dunha antiga central hidroeléctrica (a primeira central que lle proporcionou electricidade ao concello de Carballo) e de muíños restaurados.