Eoxina

As eoxinas son unha familia de eicosanoides proinflamatorios (compostos sinalizadores que regulan as respostas inmunitarias) que son producidos polos eosinófilos humanos (unha clase de leucocitos) e polos mastocitos por medio do metabolismo do ácido araquidónico, un ácido graxo omega-6 (ω-6), pola acción do encima araquidonato 15-lipoxixenase-1.[1][2] As eoxinas representan análogos 14,15 de leucotrienos e son sintetizados de maneira similar aos leucotrienos estándar.[2][3] As eoxinas contribúen á inflamación nas alerxias de vías respiratorias e de certos tipos de cancros, particularmente o linfoma de Hodgkin (un cancro orixinado a partir de leucocitos), cancro de próstata, e carcinoma de colon.[3]

  1. Greene ER, Huang S, Serhan CN, Panigrahy D (November 2011). "Regulation of inflammation in cancer by eicosanoids". Prostaglandins Other Lipid Mediat. 96 (1–4): 27–36. PMC 4051344. PMID 21864702. doi:10.1016/j.prostaglandins.2011.08.004. Un grupo ben estudado de mediadores autacoides que son o produto do metabolismo do ácido araquidónico inclúen: as prostaglandinas, leucotrienos, lipoxinas e os produtos bioactivos derivados do citocromo P450 (CYP). Estes mediadores lipídicos denomínanse colectivamente eicosanoides e son xerados por distintos sistemas encimáticos iniciados polas ciclooxixenases (COX-1 e 2), as lipoxixenases (5-LOX, 12-LOX, 15-LOXa, 15-LOXb), e o citocromo P450s, respectivamente. Estas vías son a diana de fármacos aprobados para o tratamento da inflamación, dor, asma, alerxias, e trantornos cardiovasculares. 
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Primary eosinophils and mast cells
  3. 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome 15-LOX-1 review

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne