Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2024.) |
Epicuro de Samos, nado no -341 e finado no -270, foi un filósofo grego do período helenístico. O seu pensamento chegou a ser moi difundido e desenvolvéronse numerosos centros epicuristas en Xonia, Exipto e, a partir do século I, en Roma, onde Lucrecio foi o seu maior divulgador.