Equilina | |
---|---|
![]() | |
Datos clínicos | |
Sinónimos | Δ7-Estrona; 7-Deshidroestrona; Estra-1,3,5(10),7-tetraen-3-ol-17-ona |
Rutas de administración | oral |
Grupo farmacolóxico | Estróxeno |
Identificadores | |
| |
Número CAS | |
Datos químicos e físicos | |
Fórmula | C18H20O2 |
| |
| |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A equilina é unha hormona sexual estroxénica natural que se atopa nos cabalos e úsase como medicamento.[1][2][3] É un dos estróxenos presentes en preparacións de fármacos combinados de estróxenos coñecidos como estróxenos combinados (por exempolo, Premarin) e estróxenos esterificados (por exemplo, Estratab, Menest).[2][3] Os estróxenos combinados son a forma de medicamentos de estróxenos que máis se usa na terapia de substitución de hormonas para aliviar os síntomas da menopausa en países como os Estados Unidos.[3] O sulfato de estrona é o principal estróxeno dos estróxenos combinados (aproximadamente o 50 %), mentres que o sulfato de equilina é o segundo principal estróxeno desas formulacións, presente en aproximadamente o 25 % do total.[2][3]