No legendarium de J. R. R. Tolkien, as Ered Nimrais (Montañas Brancas en sindarin) ou Montañas do Corno Branco son unha gran cadea montañosa ficticia da Terra Media que transcorre do oeste para o leste entre Gondor e Rohan, ó sur de Hithaeglir. Ten unha lonxitude de polo menos novecentos quilómetros, xa que nace a carón do río Anduin e chega case até o mar[1].