(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1944 (80 anos) Peebles, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, cantante, guitarrista |
Xénero artístico | Música tradicional |
Instrumento | Guitarra acústica e voz |
Premios | |
Sitio web | ericbogle.net |
Eric Bogle, nado en Peebles, Escocia, o 23 de setembro de 1944, é un cantautor folk escocés naturalizado australiano. Emigrou a Australia aos 25 anos, establecéndose preto de Adelaida, no sur de Australia. As cancións de Bogle cubren unha variedade de temas e teñen sido interpretadas por moitos artistas. Dúas das máis coñecidas son No Man's Land (ou The Green Fields of France) e And the Band Played Waltzing Matilda, sendo esta última nomeada como unha das 30 cancións australianas APRA en 2001, como parte das celebracións polo 75 aniversario da Asociación Australasian Performing Right.