Erica (Uces) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Uces na comarca do Ortegal, Galiza. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Erica, coñecidas como uces, urces ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca, á acidez edáfica e aos lumes.
Son moi comúns en Galicia e, en xeral, na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona. Moitas especies son tamén endémicas de Suráfrica (breixos do Cabo). As restantes 70 especies son nativas doutras partes de África, das Illas Canarias ou de Europa. Reciben moitos outros nomes comúns galegos, como torgas, breixos, carrascos, carrascas, queirogas etc., moitos deles comúns a outras especies dos xéneros relacionados Calluna e Daboecia.