Ermione Hermione | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Andrea Leone Tottola |
Estrea | 27 de marzo de 1819 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Duración | 2 horas 45 minutos |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Bibliothèque-Musée de l'Opéra (París) |
Personaxes | |
Ermione é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola, baseado na obra teatral Andromaque de Jean Racine. Foi estreada no Teatro San Carlo de Nápoles o 27 de marzo de 1819 baixo a batuta de Nicola Festa, resultando un fracaso rotundo, polo que nunca se volveu representar ata tempos modernos no Rossini Opera Festival de 1987. Posteriormente foi representado varias veces en Italia e no estranxeiro.