![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ernesto Sixto de la Asunción Lecuona Casado ![]() 6 de agosto de 1896 ![]() Guanabacoa, Cuba (pt) ![]() ![]() |
Morte | 29 de novembro de 1963 ![]() Santa Cruz de Tenerife, España ![]() |
Causa da morte | asma ![]() |
Lugar de sepultura | Gate of Heaven Cemetery (en) ![]() ![]() |
Residencia | Tampa (1960–) ![]() |
Educación | Carlos Alfredo Peyrellade Conservatory (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pianista, compositor de bandas sonoras, cantautor, compositor, actor ![]() |
Período de actividade | 1916 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Ópera ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Familia | |
Irmáns | Ernestina Lecuona Casado Eugenio Lecuona Casado ![]() |
Parentes | Margarita Lecuona, sobriña Rafael A. Lecuona, sobriño ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ernesto Lecuona Casado, nado en Guanabacoa o 6 de agosto de 1895 e finado o 29 de novembro de 1963, en Santa Cruz de Tenerife, foi un intérprete e compositor de música cubano. É considerado o músico cubano máis destacado, e a súa obra pianística compárase coa de Manuel de Falla ou a de Ravel. Canda Gonzalo Roig e Rodrigo Prats, forma o trío máis importante de compositores do teatro lírico cubano e en especial da zarzuela. A achega máis importante de Lecuona ao xénero teatral é a romanza cubana.
Entre as súas obras destacan as zarzuelas Canto Siboney, que está integrada na súa obra La tierra de Venus; Damisela Encantadora, incluída na zarzuela Lola Cruz; Diablos y Fantasías, El Amor del Guarachero, El Batey (1929), El Cafetal, El Calesero, El Maizal, La Flor del Sitio, Tierra de Venus (1927), María la O (1930) ou Rosa la China (1932). Tamén destacar as cancións Canto Carabalí, La Comparsa e Malagueña (1933), pertencente á suite Andalucía; as súas obras para danza, Danza de los Ñáñigos e Danza Lucumí ; a ópera El Sombrero de Yarey (de paradeiro descoñecido), a Rapsodia Negra para piano e orquestra, así como a Suite Española.
Coas súas zarzuelas, deulle unha forma clasicamente definida á zarzuela cubana en canto a xénero e estilo se refire, e, polos seus logros dramáticos e musicais, fican próximas á ópera. En 1942, a súa composición "Siempre en mi corazón", foi candidata para o Oscar como canción; mais no seu lugar gañou "White Christmas".