Nome orixinal | (grc) Ἔρως |
---|---|
Biografía | |
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor Psique |
Fillos | Trigêmeos filhos de Eros, Hedonê |
Pais | Poro Ares Céfiro Éter (mitoloxía) Caos Erebo e Pénia Afrodita Íris Eris Nicte |
Irmáns | Anteros Hímero Pothos Nicte Xea Erebo |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopedic Lexicon (en) |
Na mitoloxía grega, Eros é o nome do deus do amor, correspondente ó Cupido na mitoloxía romana.
Existen varias versións sobre o nacemento de Eros, aínda que adoita considerarse nacido directamente do Caos, á par que Xea[1] ou do ovo primixenio que puxo Eurínome e que fecundara a serpe Ofión.
"En primeiro lugar existiu, realmente, o Caos. Logo Xea... e Eros, o máis fermoso entre todos os deuses inmortais, desatador de membros, que no peito de tódolos deuses e de tódolos homes a súa mente e prudente decisión somete".(Hesíodo: Teogonía 117-123)
Segundo outras lendas, era fillo de Ares e Afrodita [2]; ou de Ilitía, de Iris, ou de Hermes e Artemisa [3].
En O banquete, Platón fai dicir a unha das personaxes, Diotima, que Eros sería un elemento intermediario, un semideus que actúaría de intérprete entre os cuestionamentos humanos e os designios divinos, nacido de Poros (o Recurso) e Penía (a Pobreza).
Entre as súas accións, lanza as súas frechas a Heracles, a Apolo [4] (que se burlara del por non saber manexar o arco) e ó propio Zeus.
[Afrodita fala con Eros para que someta a Hades] "Ti sometes e dominas ós celestiais e ó mesmo Xúpiter, ti ós deuses do mar e ó que goberna ós deuses do mar".(Ovidio: Metamorfosis V, 369-370)