Escola (do grego: scholé e latín: schola) ou colexio é o nome xenérico de calquera centro docente, centro de ensino, centro educativo ou institución educativa; é dicir, de toda institución que imparta educación ou ensino, aínda que adoita designar máis especificamente os do ensino primario.
O edificio que acolle a institución adoita ter unha presenza destacada na localidade en que se sitúa, especialmente nas aldeas e vilas pequenas, onde as escolas (e ás veces as casa do mestre) poden ser a única institución cultural existente.[1]