Escrita maia | |
---|---|
![]() Glifos maias no Museo de sitio en Palenque, México | |
Tipo | Logográfico Logograma e silábico |
Linguas | Linguas maias |
Período de uso | Século III - presente |
Código ISO 15924 | Maya, 090 |
Dirección da escrita | Mixta |
A escrita maia, tamén coñecida como glifos maias ou xeróglifos maias, é o sistema de escrita da civilización maia de Mesoamérica, actualmente o único sistema de escrita mesoamericano que foi descifrado. As máis antigas inscricións atopadas datan do século III e foron descubertas en San Bartolo, Guatemala.[1][2] A escrita maia mantívose en uso en Mesoamérica até pouco despois da chegada dos conquistadores españois no século XVI, e até o século XVIII en certas áreas illadas, como Tayasal.