Nome completo | Escuderia Bandeirantes Francisco Landi |
---|---|
Bandeira | Brasil |
Baseada en | Brasil |
Tempadas en activo | 3 (1951-1953) |
Número de pilotos | Gino Bianco Eitel Cantoni Philippe Étancelin Jan Flinterman Chico Landi |
Debut | Gran Premio de Italia de 1951 |
Carreiras | 7 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Suíza de 1953 |
Escuderia Bandeirantes foi un equipo de Formula 1[1] e outras carreiras creado en Europa por Chico Landi, utilizando coches usados de Maserati.
En 1952, Chico Landi creou a Escudería Bandeirantes, con tres Maserati A6GCM, para competir polos principais premios de Europa. Gino Bianco acompañouno para ser un dos pilotos. Ademais dos dous brasileiros, a Escudería Bandeirantes contou co uruguaio Eitel Cantoni e, en dúas carreiras, o holandés Jan Flinterman e o francés Philippe Étancelin (ambos competiron nunha soa carreira). Os coches dos brasileiros estaban pintados de amarelo e tiñan rodas verdes, era a pintura nacional requirida pola FIA. Non era un equipo rico: só participou en catro GP, ás veces con só dous coches, e o seu mellor resultado foi o 8º posto de Landi no GP de Italia.