Espazo compacto

O intervalo non é compacto porque non é limitado. O intervalo non é compacto porque non é pechado. O intervalo é compacto porque é pechado e limitado.

En topoloxía, un espazo compacto é un espazo que ten propiedades similares a un conxunto finito, en canto a que as sucesións contidas nun conxunto finito sempre conteñen unha subsucesión converxente. A noción de compacidade é unha versión máis xeral desta propiedade.

Un conxunto compacto é un subconxunto dun espazo topolóxico, que como subespazo topolóxico (coa topoloxía inducida) é en si mesmo un espazo topolóxico compacto.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne