Esperanto Esperanto | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [espe'ɾanto] | |
Creado por: | L. L. Zamenhof | 1887 |
Total de falantes: | As estimativas varían moito | |
Categoria (propósito): | Lingua auxiliar | |
Categoria (fontes): | Linguas románicas e xermánicas (vocabulario); linguas eslavas (fonoloxía). Lingua aglutinante | |
Escrita: | alfabeto latino con algúns acentos diacríticos | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún país, mais é usada como lingua oficial por algunhas organizacións. | |
Regulado por: | Akademio de Esperanto | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | eo
| |
ISO 639-2: | epo | |
ISO 639-3: | epo
| |
SIL: | ESP
| |
Mapa | ||
Membros de asociacións estatais de esperantistas (2015). | ||
Status | ||
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada.
O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai). A maior parte do seu vocabulario está formado por raíces de linguas modernas de orixe indoeuropea e tamén do latín e o grego clásicos. Pola súa estrutura simplificada e case sen excepcións [1] o esperanto resulta sinxelo de aprender. Polo demais, esta lingua funciona como calquera outra.
A creación dunha lingua artificial tiña como obxectivo que ningún falante fose subordinado ou privilexiado nos necesarios contactos lingüísticos entre individuos de distintas falas, xa que deste xeito ningún posuía a lingua de intercambio como lingua materna. O obxectivo foi crear unha lingua que fose fácil de aprender para calquera persoa.