Estafilococo | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Unha colonia de S. aureus vista con microscopio electrónico de varrido na que se ven an agrupacións en acio de uvas características de Staphylococcus. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
S. arlettae |
Os Staphylococcus son un xénero de microorganismos bacterianos que están presentes na mucosa e na pel dos humanos e doutros mamíferos e aves. O xénero comprende na actualidade a 35 especies e 17 subespecies, moitas das cales se achan nos humanos. As especies que se asocian con máis frecuencia ás enfermidades en humanos son Staphylococcus aureus (o membro máis virulento e coñecido do xénero), Staphylococcus epidermidis, Staphylococcus saprophyticus, Staphylococcus capitis e Staphylococcus haemolyticus.