Estandarte do corvo

Interpretación moderna do estandarte do corvo.
Detalle dun estandarte do corvo no Tapiz de Bayeux.

O estandarte do corvo (en nórdico antigo, hrafnsmerki; en anglosaxón, hravenlandeye) foi unha bandeira posibelmente de natureza totémica empregada por varios xefes tribais viquingos e outros rexentes escandinavos entre os séculos IX e XI. A bandeira é descrita na arte nórdica de forma aproximadamente triangular, co bordo externo redondeado, de onde colgan unha serie de lingüetas e borlas. Posúe certa similitude cos cataventos finamente tallados empregados nas proas dos drakkar.[1]

Conxectúrase que o estandarte do corvo era un símbolo do deus da guerra Odín, quen ás veces era descrito en compaña de dous corvos chamados Hugin e Munin, e a súa intención ao portala en batalla puido ser provocar o temor dos inimigos invocando o poder do deus. Como sinala Hrafnhildur Bodvarsdottir con respecto aos encontros entre os anglosaxóns cristiáns e os pagáns invasores escandinavos:[2]

Os anglosaxóns probabelmente pensaban que os estandartes estaban imbuídos con poderes malignos dos ídolos pagáns, xa que os anglosaxóns eran conscientes do significado de Óðinn e os seus corvos na mitoloxía nórdica.

— Hrafnhildur Bodvarsdottir

  1. Priest-Dorman, Carolyn (setembro de 2000). "Personal Display for Viking Age Personae: A Primer for Use in the SCA" (en inglés). Society for Creative Anachronism. Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  2. * Hrafnhildur Bodvarsdottir. The Function of the Beasts of Battle in Old English Poetry. PhD Dissertation, 1976, State University of New York at Stony Brook. Ann Arbor: University Microfilms International. 1989.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne