Bandeira estelada | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1908 |
Cores | Vermello Amarelo Azul Branco |
A bandeira estelada ou simplemente estelada considérase a bandeira que simboliza a independencia de Cataluña ou dos Países Cataláns (aínda que no País Valenciano tamén hai a estrelada, que evolucionou de xeito paralelo á Senyera coroada valenciana).
A súa orixe data dos inicios do século XX e naceu da fusión dos catro paus tradicionais co triángulo coa estrela do mesmo tipo que tiña a bandeira de Cuba. Puxérase ese modelo xa que Cuba era un estado que se independizara había pouco da España, e era polo tanto un referente.
Hai dous tipos principais:
Non quedou fixada a orientación da estrela e ás veces ten un costado paralelo co lado curto da bandeira e ás veces co lado longo.
Algúns grupos minoritarios intentaron implantar outros tipos de bandeiras estreladas con diferentes cores, mais sempre sen éxito.
Desde a creación desta bandeira creáronse moitas outras bandeiras independentistas que tamén teñen unha estrela, como a Estreleira galega, a occitada, a aragonesa ou a saharauí.