![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 714 ![]() Roma (Imperio Bizantino) ![]() |
Morte | 26 de abril de 757 ![]() Roma (Estados Pontificios) ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro ![]() |
![]() | |
30 de marzo de 752 – 26 de abril de 757 (Gregoriano) ← Estevo I – Paulo I → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios ![]() |
Ocupación | presbítero, autor ![]() |
Familia | |
Irmáns | Paulo I ![]() |
Cronoloxía | |
Promissio Carisiaca ![]() | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Stephen II. ![]() |
![]() |
Estevo II (III) foi o 92º papa da Igrexa católica, e o seu pontificado durou dende o 26 de marzo de 752 até a súa morte, o 26 de abril do 757.[1][2] Sucedeu ao Zacarías trala morte do papa-electo Estevo (algunhas veces visto como Estevo II). Estevo II marca o paso histórico entre o Papado bizantino e o Papado franco.
Este papa pasou á historia como o fundador dos Estados Pontificios. Trala intervención da súa antecesor Zacarías no ascenso de Pipino o Breve como rei dos francos, e tendo sido o propio Estevo II quen o coroou en 754. De feito foi a primeira vez que un pontífice cruzou os Alpes para quedar nunha corte xermánica. O novo monarca non puido negarse a auxiliar ao papa cando este se viu ameazado polo lombardo Astolfo que se dispoñía a atacar Roma. Non só lle prestou asistencia militar en dúas ocasións (754 - 756) senón que na segunda delas entregoulle boa parte dos territorios gañados aos lombardos, tales como Rávena e a Pentápole. Estas comarcas unidas á cidade de Roma e a súa contorna, xa pertencentes aos papas con anterioridade, deron orixe aos Estados Pontificios. Como agradecemento á xenerosidade de Pipino, Estevo II proclamoulle «Patricio dos romanos».