(es) Estrecho de Gibraltar (en) the Strait of Gibraltar | ||||
Tipo | estreito | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Xibraltar | |||
Parte de | Mar Mediterráneo | |||
| ||||
Conéctase con | Mar Mediterráneo Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Profundidade | 1.000 m | |||
Dimensións | 14,3 () × 59 () km | |||
Atravesa | España, Reino Unido e Marrocos | |||
O estreito de Xibraltar é un estreito que comunica o océano Atlántico co mar Mediterráneo, separando Europa e África. Ao norte do estreito atópanse España e Xibraltar, e ao sur, Marrocos e a cidade autónoma de Ceuta.
Ten 14,4 km de longo e unha profundidade duns 300 m. Na antigüidade este estreito era coñecido como "as Columnas de Hércules", pero debe o seu nome actual a unha deformación de djebel Tarik de Tarik ibn Ziad, que no 711 traspasou o estreito para facer unha incursión contra a España visigoda, primeira incursión musulmá na Península Ibérica.