Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
A ethernet ou estándar IEEE 802.3 determina a forma de envío e recepción nun medio físico compartido que se comporta como bus lóxico, independentemente da súa configuración física. Orixinalmente foi deseñada para enviar datos a 10Mbps, aínda que posteriormente foi mellorada para que funcionase a 100Mbps, 1Gbps ou 10Gbps e xa se está traballando en futuras versións a 40Gbps e a 100Gbps.
Nas versión de 10Mbps a 1Gbps utiliza o protocolo de aceso ao medio CSMA/CD (acceso múltiple con detección portadora e detección de colisións). Actualmente Ethernet é a estándar máis utilizada nas rede locais ou LAN.
As redes Ethernet son de carácter non determinista, na que os host poden transmitir en calquera momento. Antes de envialos escoitan o medio de transmisión para determinar se se atopa en uso. Se o está, entón esperan. No caso contrario, os host comezan a transmitir. No caso de que dous o máis hosts comecen a transmitir tramas á vez produciranse encontróns ou choques entre tramas diferentes que queiran pasar polo mesmo sitio á vez. Este fenómeno denomínase colisión e á porción dos medios de rede onde se producen denomínase dominio de colisión.