O óso etmoide (os ethmoidale PNA) é un óso do cranio, curto e compacto, central, impar e simétrico composto por unha lámina vertical e media, unha lámina horizontal perpendicular á primeira e dúas masas laterais. É un óso de superficies moi anfractuosas e con numerosas cavidades (celas etmoidais).
Atópase na incisura etmoidal do óso frontal e diante do esfenoide. Articúlase con estes e cos palatinos por detrás, co óso nasal por diante, co maxilar superior e ungüe por fóra e co vómer por baixo.
Forma parte do chan da fosa cranial anterior e participa no macizo facial (cavidade nasal e órbitas).