![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Εὐκλείδης ![]() h. 340 a. C. ↔ 315 a. C. ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Residencia | Alexandría ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría ![]() |
Ocupación | matemático, escritor ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: A principios século III a. C. ![]() |
Alumnos | Dioclides Atheniensis ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Euclides (en grego antigo: Εὐκλείδης / Eukleídês), ás veces chamado Euclides de Alexandría para distinguilo de Euclides de Mégara, (floruit o 300 a.C.)[1], foi un matemático e xeómetra grego. Considerado como "o pai da xeometría".[2] coñéceselle principalmente polo tratado Elementos, que estableceu os fundamentos da xeometría que dominaron en gran parte este campo até principios do século XIX. O seu sistema, agora denominado como xeometría euclidiana, incluía innovacións en combinación cunha síntese de teorías de matemáticos gregos anteriores, como Eudoxo de Cnido, Hipócrates de Quíos, Tales e Teeteto. Xunto con Arquímedes e Apolonio de Perge, Euclides está xeralmente considerado entre os máis grandes matemáticos da antigüidade, e un dos máis influentes na historia das matemáticas.
Sábese moi pouco da vida de Euclides, e a maior parte da información procede dos eruditos Proclo e Pappus de Alexandría moitos séculos despois. Os matemáticos islámicos medievais inventaron unha biografía fantasiosa, e os eruditos medievais do Bizantino e de principios do Renacemento confundírono co filósofo anterior Euclides de Megara. Na actualidade acéptase xeralmente que desenvolveu a súa carreira en Alexandría (Antigo Exipto) en tempos de Tolomeo I Sóter (323-283 a.C.)[3] ao redor do ano 300 a.C., despois dos alumnos de Platón e antes de Arquímedes. Especúlase con que Euclides estudou na Academia Platónica, en pleno florecemento da cultura helenística, e máis tarde ensinou no Museion; considérase que tendeu unha ponte entre a tradición platónica anterior de Atenas e a posterior de Alexandría. Foi o fundador da escola de matemáticas na cidade.[4]
Creador da famosa xeometría euclidiana: o espazo euclidiano, inmutable, simétrico e xeométrico, metáfora do saber na antigüidade clásica, que se mantivo incólume no pensamento matemático medieval e renacentista, pois só nos tempos modernos puideron ser construídos modelos de xeometrías non-euclidianas. Foi o fundador da escola de matemáticas na cidade.[4]
Nos Elementos, Euclides deduciu os teoremas a partir dun pequeno conxunto de axiomas. Tamén escribiu obras sobre perspectiva, sección cónicas, xeometría esférica, teoría de números e rigor matemático. Ademais dos Elementos, Euclides escribiu un texto temperán fundamental no campo da óptica, Óptica, e obras menos coñecidas como Data e Fenómenos. Cuestionouse a autoría de Euclides de Sobre divisións de figuras e Catóptricas. Crese que escribiu moitas obras hoxe en día perdidas.