Eugenia Osterberger

Modelo:BiografíaEugenia Osterberger

Eugenia Osterberger dirixindo unha obra, nunha foto publicada na portada da partitura de Insinuante Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1932 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora, pianista Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1535693 IMSLP: Category:Osterberger,_Eugenia Editar o valor en Wikidata

Prudencia Eugenia Juana Osterberger Luard, coñecida simplemente como Eugenia Osterberger,[a] nada en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1852 e finada en Niza o 8 de febreiro de 1932, foi unha compositora galega do romanticismo. Filla dunha coruñesa e un gravador e litógrafo alsaciano, Eugenia Osterberger pronto amosou interese pola música, aprendendo dende nena a tocar o piano. Anos despois do seu regreso de formarse en Francia casou co enxeñeiro francés Francisco Saunier e instalouse na cidade da Coruña. Na cidade herculina Osterberger mantivo relación non só con destacadas personalidades da música galega do seu tempo, senón tamén da literatura, como Emilia Pardo Bazán, integrándose na sociedade El Folk-Lore Gallego, que presidía a propia Emilia. Polas súas achegas no campo da música foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega cando esta se fundou en 1906. En 1908 trasladouse coa súa familia á cidade de Niza, onde residiu ata a súa morte.

A súa obra, en boa parte descoñecida, foi publicada pola editorial de Canuto Berea na Coruña (editando obras puramente instrumentais), F. Laurens en París e as editoriais de Benito Zozaya e Casa Dotesio en Madrid. As poucas obras coñecidas da compositora compostelá inclúen obras para piano só e cancións de salón para voz e piano. Ademais de destacar a súa produción musical, Eugenia Osterberger participou en diversas iniciativas de dignificación da cultura galega.[1]

Canto menos durante os anos que residiu na Coruña cómpre salientar tamén a súa actividade pedagóxica, contándose entre as súas alumnas Pilar Castillo, quen logo sería unha pianista recoñecida internacionalmente e que posiblemente ocupou a cátedra de piano en Madrid.[2]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente

  1. "Eugenia Osterberger". Xunta de Galicia. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  2. Santos Castroviejo, Nanina (2007). "Pilar Castillo Sánchez. Pianista de sona nos comezos do século XX.". Álbum de mulleres. Consello da Cultura Galega. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne