EuroGames

Modelo:Competición deportivaEuroGames
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1992 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialeglsf.info… Editar o valor en Wikidata
Facebook: EuroGames Twitter: eurogames Editar o valor en Wikidata

Os EuroGames son unha competición multideportiva anual de ámbito europeo dirixida fundamentalmente a gais, lesbianas, transexuais e bisexuais, se ben as probas son de inscrición libre. Decide a súa organización a asemblea xeral da Federación Europea de Deportes para Gais e Lesbianas elixindo entre as candidaturas presentadas. É un dos eventos máis importante da comunidade gai en Europa[1] Entre os obxectivos dos EuroGames está a loita contra a discriminación por orientación sexual, a integración do colectivo LGTB, e potenciar a práctica deportiva entre esta comunidade.[2] En paralelo á celebración deportiva organízanse actividades culturais e turísticas.

  1. Hargreaves, Jennifer (2000). Heroines of Sport: The Politics of Difference and Identity. Routledge. ISBN 0-415-22849-2, p. 156.
  2. "History of EuroGames". Consultado o 19 de maio de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne