Eurocopter UH-72 Lakota | |
---|---|
Tipo | helicóptero utilitario lixeiro militar |
Primeiro voo | 2006 |
Introducido | 2007 |
Produción | 2006-presente |
Unidades construídas | 400[1] |
O Eurocopter UH-72 Lakota (no presente Airbus Helicopters) é un helicóptero bimotor cun rotor principal de catro palas. O UH-72 é unha versión militarizada do Eurocopter EC145 e foi fabricado por American Eurocopter (no presente Airbus Helicopters, Inc.), unha división do Airbus Group, Inc. Inicialmente comercializado como UH-145, o helicóptero foi seleccionado como gañador do programa Light Utility Helicopter (LUH) do Exército dos Estados Unidos o 30 de xuño de 2006. No mes de outubro dese ano American Eurocopter foi premiada cun contrato de produción de 345 aparellos para substituír os vellos UH-1H/V e OH-58A/C no Exército e na Garda Nacional estadounidenses. Realiza misións de loxística e de apoio, de seguridade nacional, misións de resposta en desastres e evacuacións médicas.