Tipo | Euroleague Basketball |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Euroleague Basketball |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
Localización | Final Four (pt) |
Período de tempo | tempada 2010-2011 |
Número de edición | 11 |
Competición | |
Primeiro posto | Panathinaikos BC |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | Igor Rakočević |
A Euroliga 2010-11 foi a undécima edición da máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e a primeira dende o seu patrocinio por Turkish Airlines. Incluíndo as edición desta competición organizadas por FIBA Europa é a edición número 54. Nesta edición competiron vinte e catro equipos de catorce estados distintos.
Os catro mellores equipos, nesta edición o Panathinaikos grego, o Montepaschi Siena italiano, o Maccabi Electra israelí e o Real Madrid español disputaronse o título na Final Four, esta vez disputada no Palau Sant Jordi de Barcelona, a cal era a sede prevista en 2012, pero mudouse ao 2011 ao retirarse Turín. A final disputárona o Panathinaikos de Atenas e o Maccabi Electra de Tel Aviv, proclamándose campión o equipo grego tras vencer por 78 a 70, o que supuxo o seu sexto campionato até esta edición.