Tipo | Euroleague Basketball ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Unión de Ligas Europeas de Baloncesto ![]() |
Número de participantes | 24 ![]() |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2003-2004 ![]() |
Intervalo de tempo | 6 de novembro de 2003 – 1 de maio de 2004 ![]() |
Número de edición | 4 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Maccabi Tel Aviv B.C. ![]() |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | Lynn Greer (en) ![]() |
Rebote | Arvydas Sabonis ![]() |
A Euroliga 2003-04 foi a cuarta edición da Euroliga, a máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Incluíndo as edición desta competición organizadas por FIBA Europa foi a 47ª edición. Nesta edición competiron 24 equipos de 13 países distintos.
Os catro mellores equipos, nesta edición o CSKA Moscova ruso, o Maccabi Elite israelí e o Montepaschi Siena e o Skipper Bologna italianos, disputáronse o título na Final Four, xogada no Yad Eliyahu Arena de Tel Aviv, capital de Israel. A final disputárona o Maccabi Elite de e o Skipper Bologna, proclamándose campión o equipo anfitrión tras vencer por 118-74, o que supuxo o seu cuarto campionato.