A Europa continental, tamén chamada continente europeo, é o continente de Europa, explicitamente excluíndo as illas europeas, e, ás veces, as penínsulas.[1] Notabelmente, no uso do inglés británico, o termo significa: a Europa excluíndo o Reino Unido, a Illa de Man, Irlanda e Islandia. Unha definición xeral de "Europa continental" é o continente europeo excluíndo o Reino Unido, Irlanda e Islandia. Porén, noutras rexións de Europa prevalecen ideas distintas sobre o que realmente significa a expresión.
Algunhas definicións de Europa continental expanden as fronteiras do continente para os seus límites xeográficos, incluíndo as nacións que están dentro das elevadas fronteiras dos Urais e do Cáucaso.
O que pode parecer ser unha simple cuestión de definición xeográfica, porén, ten profundas implicacións sociais e políticas. Algunhas definicións de Europa continental inclúen as nacións transcaucasianas da Xeorxia e Armenia - que son predominantemente cristiás - mentres que exclúen ao mesmo tempo as nacións predominantemente musulmás como Azerbaidján e Turquía.[2]