European Trophy

Modelo:Competición deportivaEuropean Trophy
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísSuecia Editar o valor en Wikidata
Vixencia2006 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialeuropeantrophy.com Editar o valor en Wikidata

Nordic Trophy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

European Trophy (anteriormente denominado Nordic Trophy entre 2006 e 2009) foi un torneo de hóckey sobre xeo que se disputou cada ano entre 2006 e 2013, tradicionalmente composto por equipos das ligas máis importantes de Europa. Foi xeralmente considerado un torneo de pretempada, aínda que algúns partidos son xogados durante a tempada. Con 32 equipos participantes de sete países distintos en 2013, o European Trophy foi no seu tempo a maior competición de hóckey sobre xeo en Europa.[1] Na tempada 2014–15, o European Trophy será substituído pola Champions Hockey League, un torneo organizado pola IIHF.[2]

Suecia e Finlandia teñen participado en todas as edicións, sendo os únicos dous países que participaron cando o torneo era denominado "Nordic Trophy". O torneo comezou en 2006 baixo a denominación de The tournamen"Nordic Trophy" con oito equipos, catro de Suecia e outros catro de Finlandia. En 2010, algúns equipos doutros países europeos sumáronse ao toreneo, que mudou o seu nome para o actual European Trophy. Dende a inauguración do torneo en 2006 teñen participado equipos de oito países distintos: Suecia, Finlandia, Austria, República Checa, Alemaña, Eslovaquia, Suíza, e Noruega. Ningún equipo gañou a competición en máis dunha ocasión.

  1. "Luleå debuterar i European Trophy" (en Swedish). Sportal. 2011-08-12. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 2011-09-06. 
  2. "Champions Hockey League opens in August 2014". European Trophy. 6 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 21 de xuño de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne