O ETSI (European Telecommunications Standards Institute) é unha organización de estandarización europea da industria das telecomunicacións (fabricantes de equipos e operadores de rede) que se define como independente, sen ánimo de lucro e con proxección internacional. O ETSI tivo éxito na estandarización de Low Power Radio, Short Range Device, o sistema de telefonía móbil GSM e o sistema TETRA.